Soñei que…

Soñei que me mirabas como o soias facer.

(Coma os nenos. De forma sincera e amorosa).

Que os teus beizos estaban preto.

(Tan preto que os susurros parecían berros).

Que seguiamos sendo.

(Aínda que todo desaparecera xa).

Soñei que todo o esnaquizado

fora un pesadelo.

(E oxalá o seguira sendo).

Que os sorrisos que marcharon

volvían pra ser nosos.

(Porque xa fai tempo que o meu

non quere voltar comigo).

Que as noites de lúa chea

volvían a soar os discos de David Bowie.

(Os seus discos deixaron de soar).

Soñei que o noso fogar

era onde estiveramos nos.

 (Que as fronteiras non existían).

Que o sol brillaba para todos.

Que ti nunca te foras

e eu nunca me perdera.

 

Soñei con lugares doutros mundos.

Que non existían as preocupacións.

Que aquel que foi seguía sendo.

Que nas nosas mans estaba o universo.

(É o noso mundo era perfecto).

Anuncios

1 Comment

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s